Cursos gratuítos de iniciación ao medio radiofónico para nenos e adultos en Nigrán
O Concello de Nigrán organiza cursos de iniciación ao medio radiofónico para nenos e adultos, que se impartirán entre o 1 e o 22 de setembro no Centro Antena. Os cursos terán unha duración de dez horas, e impartiranse os luns mércores e xoves en horario de mañá para os adultos e de tarde para os nenos maiores de 7 anos.
As inscricións poderanse realizar até o próximo 28 de agosto no Rexistro Municipal, adxudicándose as prazas dispoñibles por rigorosa orde de inscrición. No caso dos cursos para adultos, as mulleres terán prioridade de inscrición.











