Convocatoria dos cursos Celga nas escolas oficiais de idiomas
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar unha nova convocatoria de cursos de linguaxe administrativa, presenciais e en liña, e cursos Celga nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
A matrícula poderá facerse:
– desde o 28/08/2014 e ata o 12/09/2014 (para os cursos do 1º cuadrimestre)
– desde o 15/12/2014 ata o 16/01/2015 (para os cursos do segundo cuadrimestre)
– só se poderá facer unha solicitude dun único curso nunha soa escola oficial de idiomas. De existir máis dunha solicitude do/a mesmo/a aspirante, anularanse todas as súas peticións.
– presentación de solicitudes na secretaría da escola oficial de idiomas Ao respecto dos cursos de linguaxe administrativa programados cómpre acreditar a condición de persoal da Administración pública.











