Convócase a XV edición do premio ourensá “Risco” de creación literaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+

O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco en colaboración coa editorial Sotelo Blanco, convocan a XV edición do premio “Risco” de creación literaria, ao que poden presentarse novelas, conxuntos de relatos, ensaios, etc…, inéditas e escritos en lingua galega, cunha extensión mínima de 150 folios e máxima de 300.

O Premio Risco de creación literaria ten coma fin abarcar os diferentes campos da obra, no só do que foi veciño ilustre desta vila, don Vicente Martínez Risco y Agüero, senón tamén do seu fillo, Antón Martínez Risco Fernández, veciños que foron desta cidade.

A entrega realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Ourense (Praza Maior, 1, 32005), antes do martes 30 de setembro. Para garantir o anonimato dos autores ou autoras, os orixinais presentaranse por sextuplicado en soporte papel en tamaño A4 mecanografados e irán acompañados dun sobre pechado, que conterá a identidade do autor ou autora e o título definitivo facendo constar no exterior, exclusivamente o título da obra.

A obra gañadora será publicada con 6.000 euros e a publicación do libro.

26 de agosto de 2014 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.