‘Contos ao revés’ de Xanela Ocio visitan as Piscinas de A Granxa de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Na xornada do sábado 09 de agosto, a Bibliopiscina -situada nas piscinas descubertas de Verín- acollerá, ás 18 horas, a iniciativa ‘Contos ao revés’ de Xanela Ocio (no caso de condicións climáticas desfavorables trasladarase á Biblioteca Pública Municipal de Verín).

Da man de Xanela Ocio, os/as nenos/as serán transportados a un mundo de ilusión e ledicia grazas a música dunha discoteca móbil, coa que bailarán e realizarán xogos lúdicos e educativos. Ao longo dunha hora e vinte minutos, todos e todas gozarán dun tempo de lecer no que os soños se converterán en realidade, e no que os/as menores serán os verdadeiros protagonistas.

A asociación cultural Xanela Ocio nace no ano 2012, creada por mozos/as con moitas ganas de traballar e formación en ámbitos relacionados co lecer, tempo libre e desenvolvemento social. Entre os obxectivos principais de devandita asociación atópanse: realizar actividades que fomenten o bo aproveitamento do tempo de lecer e de ocio para todos os sectores da poboación, promover o desenvolvemento intelectual dos nenos e nenas e o envellecemento activo dos nosos maiores, promover o desenvolvemento artístico, a imaxinación e a creatividade, realizar lúdicas que promovan e fomenten as tradicións populares de Galicia e realizar obradoiros para o traballo de valores, a igualdade e o respecto mutuo.

Esta iniciativa cultura e lúdica, organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Verín e a Xunta de Galicia, enmárcase no programa ‘Ler conta moito’, que tamén traerá a Verín a Raquel Queizás.

6 de agosto de 2014 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.