Contacontos en Santiago con Barafunda e “Pepiña Maruxiña quere voar”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O ciclo Verán na Rúa continúa este mércores, ás 19:30 horas, na praza de San Martiño Pinario, co contacontos Pepiña Maruxiña quere voar, presentado pola compañía galega Barafunda. A entrada é libre para todo o público e o espectáculo está recomendado de maneira especial para nenos de 2 a 8 anos. Pepiña Maruxiña quere voar conta a historia dunha xoaniña que persegue un soño e como, grazas á súa constancia e tenacidade, consegue esas ás que precisa para poder voar.

A historia de Pepiña Maruxiña está baseada na tradición popular de cantarlle ás xoaniñas para protexelas, pero tamén para que emprendan o voo, nos traian bo tempo, boas colleitas e moitas outras cousas.

5 de agosto de 2014 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.