publicidade hoxe

Concerto “Os sons do vento que pasa” no Parque da Rúa de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

Os Sons do Vento que Pasa chega a Miño mañá mércores, 13 de agosto, no Parque Municipal da Rúa(emprazamento aberto a posibles cambios  por circunstancias meteorolóxicas) ás 22.00 h, da man de Gonçalo Guerreiro e Dani Pais, que nos ofrecerán este concerto de fados en galego .Este é un concerto de fado en galego aberto ó público en xeral (especialmente ó publico adulto) e é totalmente gratuíto.

Esta actividade organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Miño está patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia dentro do Programa FalaRedes

12 de agosto de 2014 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.