Concello de Lalín e Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación nas campañas de doazón de sangue

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

A iniciativa, que se desenvolve dentro da campaña de doazón “Verán 2014” baixo o lema “Este verán salva vidas. O teu sangue é vida. Compártea”, desenvolverase o MÉRCORES 13, XOVES 14 E SÁBADO 16 de AGOSTO

O Concello de Lalín e o Centro de Transfusión de Galicia ( CTG) impulsan unha iniciativa que ten como obxectivo promover a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue, e deste xeito garantir o correcto desenvolvemento do labor asistencial nos centros sanitarios galegos, que van a precisar ao redor de 4o.ooo doazóns de sangue nos meses de verán .

As persoas que desexen participar nesta iniciativa, que se desenvolve baixo o lema “Este verán salva vidas. O teu sangue é vida. Compártea”, poden acudir á unidade móbil do CTG:

LALÍN: Unidade móbil na Praza da Igrexa

MÉRCORES 13, XOVES 14 de Agosto
Das 10.30 ás 14.00 e de 17.00 ás 21.00 horas.

SÁBADO 16 de Agosto
Das 10.30 as 14.30 horas

Nas xornadas previas á visita da unidade móbil do CTG, o Concello de Lalín distribuíu neste municipio pontevedrés información relacionada coa doazón de sangue e fan un chamamento á participación cidadá no verán 2014

O Concello de Lalín e o CTG amosan o seu agradecemento a todos os veciños e veciñas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten, deste xeito, que moitos enfermos recuperen a súa saúde.

O pasado ano 2013 houbo 1.289 doazóns neste Concello, o que supuxo acadar unha taxa de 64 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, cifra que supera a media galega de doazón.

11 de agosto de 2014 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.