Comezan as obras de mantemento, reposición de cableado e dotación de novas luminarias no paseo do Pontiñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

Nestas obras tamén está contemplada a instalación de novas luminarias de tecnoloxía led de alta luminosidade para dar iluminación ao paseo. Uns novos elementos de iluminación de 20w , moito máis luminosas que as actuais e que permititán incrementar o grado de luminosidade para os usuarios.

O alcalde de Lalín, José Crespo, e o concelleiro de Obras, Camilo González Bodaño, visitaron esta mañá o Paseo do Pontiñas onde “comezaron as obras de mantemento do Paseo do Pontiñas que significará a instalación de novas luminarias de tecnoloxía led, a reposición do cable que da subministro eléctrico a todo o paseo e a reparación daquelas zonas do valado que por acción da auga están máis deterioradas”. Un proxecto que se acomete con cartos do canon medioambiental.

As obras comezaron nun dos tramos nos que o valado que separa o carril bici do río estaba máis deteriorado e que pola acción da auga se foi socabando por debaixo ata derrubar o valado de madeira ao río e deixar parte da plataforma de formigón no aire. As obras, autorizadas por Augas de Galicia, están a consistir na colocación de mampostería de gran tamaño para repoñer a que levou a forza do río e colocar un novo tramo de valado de protección. Unha acción que se repetirá nalgún tramo máis no que a forza da auga deteriorou o marxe e o valado.

Nestas obras tamén está contemplada a instalación de novas luminarias de tecnoloxía led de alta luminosidade para dar iluminación ao paseo. Uns novos elementos de iluminación de 20w , moito máis luminosas que as actuais e que permititán incrementar o grado de luminosidade para os usuarios. 

Tamén se inclúe nos traballos que comezaron hoxe a reposición do cableado de cobre que fora roubado no seu día. O novo cable que se instalará é de aluminio, menos apetecible para os amigos do alleo. Este cable que se instalará dará servizo eléctrico a totalidade do paseo.

O rexedor pideu “desculpas aos usuarios polas molestias que poidan causar estas obras e que nalgún punto poden obrigar aos usuarios a abandonar a senda habitual para retomala máis adiante”. Unhas molestias “ que en todo caso serán puntuais” e redundarán na mellora desta instalación”.

O rexedor tamén aclarou que para unha reparación integral “fai falla outra fase de aproximadamente 100.000 euros”  cos que mellorar valados e repoñer aquelas zonas onde a auga traballou máis, tendo en conta que nalgunhas cuestións, Medio Ambiente non outorga os permisos necesarios para acometer as accións que serán desexables.

12 de agosto de 2014 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.