publicidade hoxe

Comeza o Ribeiroblues Wine Festival de Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCastrelo de Miño
A-
A+

ribeiro-blues-en-castrelo-de-minoO parque Náutico de Castrelo de Miño acollerá nesta fin de semana o Ribeiroblues Wine Festival, festival que auna viño e música nun espazo espectacular en plena natureza como son as instalacións do paque Náutico.

Lulavai, Rooibos, Adrián Costa e “o Maquineto”  e Sinestesia amenizarán a noite deste venres acompañando os viños das 18 adegas participantes neste proxecto organizado polo Concello de Castrelo de Miño. O sábado subirán ao escenario Sons do vento que pasa, Sés e Víctor Aneiros, un cartel moi galego para apostar pola promoción de algo moi noso, o viño Ribeiro.

Actividades náuticas como vela, pedaleta ou viaxar no catamarán do concello complementan este enofestival no que tamén podes quedarte a durmir, xa que disponen dunha ampla zona de acampada libre.

7 de agosto de 2014 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.