publicidade hoxe

Comeza en Oleiros a vixésima edición de Alfaroleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, deu por inaugurada esta mañá a vixésima edición da Feira municipal de alfarería, coñecida como Alfaroleiros. No acto inaugural, que se celebrou no parque Luís Seoane ante mais dun centenar de persoas, participaron tamén Ana Pallares, como comisaría da mostra, e a vicepresidenta da Deputación provincial Mariel Padín Fernández.

O rexedor destacou no seu discurso a importancia da feira, que grazas ao prestixio co que conta entre os artesáns, é un referente nacional no mundo da olería. Seoane destacou a importancia do traballo manual, que crea pezas únicas nunha sociedade na que a produción en serie resta personalidade aos útiles da nosa vida diaria.

Pola súa banda, Ana Pallares, agradeceu a presenza dos oleiros e recordou emotivamente a aqueles participantes que xa non poden gozar dela. Así mesmo, recordou a José María Kaydeda, impulsor desta feira hoxe consagrada. Ademais, a vicepresidenta da Deputación sinalou que o ente provincial seguirá apoiando esta iniciativa e que ao está constatado que Alfaroleiros «goza de boa saúde».

A mostra, na que os visitantes poderán adquirir pezas extraordinarias, permanecerá nas rúas de Santa Cruz ata o vindeiro domingo día 10. Paralelamente á feira, o Concello organiza un completo programa de actos culturais para completa a oferta de lecer tanto para os veciños como para as persoas que durante estas datas visiten Oleiros.

6 de agosto de 2014 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.