Clausúrase en Monforte o Obradoiro de Verán “Música e Baile 2014”
Un total de 87 alumnos/as participan nos distintos talleres que se imparten no II Obradoiro de Verán “Música e Baile”, organizado polo Concello de Monforte. Este obradoiro comezou o pasado día 18 de agosto e desenvólvese no Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez”.
Este venres día 29 clausurarase o obradoiro, motivo polo que o auditorio do Edificio Multiusos abrirá as súas portas ó público que desexe presenzar as clases de baile en tódalas modalidades ofertadas. A finalidade é que os familiares e amigos das persoas participantes nos talleres de baile poidan aprezar a evolución do alumnado despois de dúas semanas de clases.
Polo Xeral, o alumnado inscribiuse en dous ou máis talleres e cada un deles conta cos seguintes alumnos/as:
33 persoas en música e movemento – hip hop
27 persoas en ballet clásico
8 persoas en baile de salón
27 persoas en danza moderna
12 persoas en danza tradicional galega
9 persoas en gaita
8 persoas en improvisación e creación musical moderna
25 persoas en percusión moderna
6 persoas en clarinete
2 persoas en frauta traveseira
5 persoas en saxofón
3 persoas en trompeta
22 persoas en guitarra
10 persoas en percusión galega
28 persoas en piano
10 persoas en violín
As idades do alumnado oscilan entre os 4 e os 60 anos, estes últimos inscritos sobre todo en Baile de Salón, pero o 90 % do alumnado ten idades comprendidas entre os 4 e os 17 anos.
En comparanza coa primeira edición deste obradoiro, podemos dicir que houbo un incremento de alumnos/as mozos/as fronte ós adultos.
O obradoiro está impartido por profesores do Conservatorio Municipal e da Escola Municipal de Música e Danza, así como por dous profesores alleos ó centro.











