Chipolatas chega por primeira vez a Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Chipolatas son tesoureiros dunha mensaxe ligada á tradición que tenta vincular o vello e o novo, mesturando culturas e creando xéneros novos alén do que é tendencia. A compañía británica chega por primeira vez a Santiago, da man do programa Verán na rúa, co seu espectáculo Gentlemen of the road. Será este xoves 14 de agosto, ás 19:30 horas, na praza da Quintana. Conquistando os corazóns e superando fronteiras, estes tres músicos e clowns fan gozar ao público con actuacións sempre únicas nas que incorporan habilidades de circo de alta voltaxe, música, teatro e danza.

13 de agosto de 2014 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.