Chega un goleador ao Santiago Futsal, “Gallego” Rodríguez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Juan “Gallego” Rodríguez ampliará o persoal do Santiago Futsal a próxima tempada. O xogador arxentino, estrela no América do Sud, equipo no que xogou os últimos 7 anos, e indiscutible na selección arxentina, xogará na máxima competición nacional española as próximas 3 tempadas grazas ao acordo co Santiago Futsal.

O xogador de 22 anos chega ao club santiagués sendo o máximo goleador da liga Arxentina con 52 tantos, 22 deles no Torneo de Apertura e 30 no de Clausura.

Internacional absoluto coa albiceleste e con pasaporte español, “Gallego” Rodríguez foi nomeado en 2014 un dos mellores xogadores xóvenes do mundo por futsalplanet.

“Gallego Rodríguez” chega ao Santiago Futsal para achegar intensidade e calidade ao xogo na posición de á, e axudar a conseguir os obxectivos do club con pegada e definición.

Santi Valladares define ao xogador como “Un xogador novo, moi competitivo, con bo un para un. Non exento de gol e sobre todo con moita marxe de mellora. A ilusión e as ganas que tiña de vir a este club son un aliciente máis para esperar del grandes cousas”.

1 de agosto de 2014 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.