Cangas inaugura a exposición fotográfica ‘Retratos e máis’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Inauguración da mostra

Inauguración da mostra

Hoxe o concelleiro de Cultura José J. Gestido inaugurou a exposición fotográfica ‘Retratos e máis’ organizada pola asociación Abrenoite e que estará instalada na Casa da Xuventude ata o vindeiro 15 de setembro. Gestido destacou que as fotografías expostas foron realizadas por alumnos do taller de fotografía organizado pola Concellería Xuventude en colaboración coa asociación, na que participaron 10 alumnos. “É a primeira vez que desenvolvemos este tipo de talleres dende a concellería e esperamos repetir o curso próximo incrementando o nivel”.

Dende a asociación destacan que “a temática da exposición é o retrato, que é un tipo de fotografía que representa mellor a esencia da fotografía, é dicir, require captar gustos ou expresións”. “O obxectivo é reflectir o resultado do taller impartido pola noso colectivo en colaboración coa Concellería de Xuventude no que buscamos que os alumnos os aprenderan a sacar maior proveito das súas cámaras.

26 de agosto de 2014 | 20:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.