publicidade hoxe

Cabanas acolle unha nova edición do Rastrillo Veciñal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Logo do éxito acadado nos anos anteriores, este próximo domingo 17 de agosto o Paseo da Madalena acollerá unha nova edición do Rastrillo Veciñal de Cabanas, no que colabora o propio Concello de Cabanas. Esta será a súa terceira edición, e o número de participantes foi medrando chegando a estar confirmados para este ano un total de 173 postos. O horario no que estará a funcionar será dende as 9:00 ás 21:00 horas.

Como novidade con respecto as edicións doutros anos, a recadación que se consiga polas inscricións dos postos participantes será doada ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cabanas. Para aclarar calquera dúbida que poida haber ó respecto, poden poñerse en contacto coa organización no teléfono 696456477.

14 de agosto de 2014 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.