Borja e Dani quédanse no Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Borja e Dani

Borja e Dani

Os xogadores Borja González e Dani Chinés asinaron esta mañá co Santiago Futsal para xogar no club a próxima tempada.

Ambos os xogadores estaban a proba durante a pretemporada co club, e a decisión sobre a súa continuidade tomaríase ao longo deste mes por parte do corpo técnico. En pouco máis dunha semana de traballo, Borja e Dani mostraron que encaixaban co perfil de xogador que desde o Santiago Futsal se busca, sobre todo a nivel humano, e por iso o club decidiu apostar polas súas fichaxes.

Borja González, que procede do Virgili Cádiz, é definido por Santi Valladares como “un xogador con boa saída de balón, intenso en defensa e que chega ben desde segunda liña”.

De Dani Chinés, procedente do Albense, o adestrador apunta que é “un pivote zurdo e corpulento. É un xogador con moita marxe de mellora para o seu posto”.

12 de agosto de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.