Bertín Osborne e Paco Arévalo regresan cunha nova aventura de Mellizos que representarán no Teatro Colón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

El renovado show de 2 caras duras en crisis é o título do novo espectáculo de Bertín Osborne e Paco Arévalo. Unha proposta na que repiten a fórmula que lles trouxo o éxito: cancións e humor. Poderá verse no Teatro Colón o venres 15 e o sábado 16 con dúas funcións cada día – ás 18.00 e ás 20.30 horas – e o domingo 17 de agosto ás 18.00 horas.

No espectáculo os dous humoristas tratan de explicar por que seguen xuntos partindo de que o público é o máis importante para eles. Manteñen a estrutura das propostas anteriores con cancións e música en directo, pero haberá tamén novas historias e imprevistos, xa que a improvisación segue sendo clave no show. Máis de 100.000 persoas ao longo de 250 representacións, un éxito que xustifican na complicidade que teñen os dous sobre o escenario e que se debe a que os une unha boa amizade.

Franco Castenalli repite na dirección musical neste espectáculo do que os propios protagonistas afirman que ‘puede pasar de todo’. A Osborne e Arévalo úneos unha relación de máis de trinta anos e coñécense tanto como se fosen realmente mellizos. A idea desta divertida e disparatada obra xurdiu por casualidade, Bertín comentoullo a Paco en broma e éste encargouse de organizalo todo para que o espectáculo vise a luz. Sen dúbida, esta estreita relación marca o carácter da proposta.

A programación de verán do Teatro Colón está patrocinada por Superbock Negra Sin. As entradas pódense  adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural A Fundación, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Os espectadores poden adquirir tamén no despacho de billetes do Teatro Colón a Tarxeta Teatro Colón, un programa de abonados con innumerables vantaxes como descontos nunha trintena de locais comerciais da Zona Obelisco ou no hotel NH Atlántico.

11 de agosto de 2014 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.