Baltar e Mera analizan aspectos económicos e o plan estratéxico de parques empresariais de Ourense

Manuel Baltar e Elías Mera
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no seu despacho do Pazo Provincial ao presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, Elías Mera, con quen analizou temas referidos ás perspectivas económicas da provincia de Ourense, o plan estratéxico dos parques empresariais e o Plan “Transforma Ourense”, que ten como obxectivo mellorar a innovación tecnolóxica das pemes e incrementar a súa competitividade, así como favorecer o emprendemento, a creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica e potenciar o tecido empresarial ourensán.
Na xuntanza, Baltar e Mera coincidiron na necesidade de aumentar o potencial innovador das pemes da provincia de Ourense e desenvolver iniciativas enfocadas ao coñecemento da realidade empresarial e ao estudo das necesidades de cada sector, ademais de estimular o desenvolvemento de ideas empresariais.
Dentro deste marco do Plan “Transforma Ourense”, tamén analizaron o papel que está a realizar o Inorde no ámbito da internacionalización de empresas ourensáns, con iniciativas de promoción de empresas e de solo empresarial.











