Axenda do luns
Xa o luns está prevista unha reunión de traballo privada, tras a que terá lugar laúnica conferencia de prensa cos medios de comunicación españois e alemáns. Tras ela, realizarán unha visita á Catedral e tamén está programada unha comida no Hostal dos Reis Católicos.
Esta reunión de traballo bilateral hispano-alemá ten lugar unha semana antes da celebración do Consello Europeo de Bruxelas do día 30, na que se abordará a repartición de cargos na Unión Europea tras as europeas.
E é que o pasado 17 de xullo, os xefes de Estado e de Goberno dos Veintiocho decidiron aprazar ata esa data, nun novo cumio extraordinario, a repartición de altos cargos da Unión Europea –entre eles a presidencia do eurogrupo, para a que é favorito o ministro de Economía, Luis de Guindos– ante a forte división que enfrontou especialmente aos países do leste contra Italia.
A este respecto, Rajoy dixo que espera que o ministro de Economía, Luis de Guindos, conte con apoios abondos entre os líderes europeos para presidir o eurogrupo, pero precisou que a cuestión non se abordou no Consello Europeo.
Ademais, o Goberno mantén o exministro Miguel Arias Cañete, cabeza de lista do PP nas últimas europeas, como o seu único candidato a ocupar esa praza de comisario que corresponde a España.











