Asínase o contrato administrativo para a posta en marcha da nova Biblioteca Municipal de Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

A Casa do Concello vén de acoller o acto de sinatura do contrato administrativo dos “Servizos Bibliotecarios municipais do Concello de Carballo”, que implica a apertura e posta en marcha da nova Biblioteca situada na contorna de Rego da Balsa, na rúa Bos Aires. O acordo foi formalizado polo Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e unha representante da empresa adxudicataria, Serindoc SL. O servizo foi adxudicado na Xunta de Goberno Local celebrada o 11 de agosto á mesma entidade que xestiona a Biblioteca de Narón, por un importe de 9.508 euros anuais. A adxudicataria incluíu unha mellora sen custo adicional que supón un incremento de 432 horas de servizo. Nos últimos tempos o Concello vén realizando unha serie de trámites para axilizar a posta en marcha do servizo, como a subscrición dun Convenio entre o Concello e a Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria para a creación e integración da Biblioteca na Rede de Bibliotecas de Galicia. Así mesmo, o Alcalde, Evencio Ferrero, vén de anunciar que o Concello minimizará o efecto do novo canon que gravará aos usuarios e aos empréstitos da biblioteca que ten previsto implantar o Ministerio de Educación e Cultura. Está previsto que, despois desta adxudicación e da formalización do contrato, a Biblioteca Municipal abra as súas portas ao público, segundo aseguran dende a adxudicataria, o antes posible. Dende agora, xa é posible informarse en Twitter sobre a nova biblioteca a través de @bibliocarballo.

29 de agosto de 2014 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.