publicidade hoxe

As rúas de Cedeira acollen o tradicional Maratón Popular este venres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

As rúas da vila acollerán este venres, 8 de agosto, unha cita que, cada edición, congrega a centos de persoas de todas as idades: a Carreira Popular, que leva por lema “Anímate e fai deporte en familia!”. Con punto de partida e chegada no Parque Sagrado Corazón, nela poderán participar nenos dende os 0 anos ata maiores sen límite de idade. O Maratón está organizado polas Concellerías de Deporte e de Turismo, coa colaboración da Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Incluido na programación das Festas Patronais de Cedeira, a organización prevé reunir polo menos a mesma cifra de participantes que na pasada edición, cando se deron cita máis de duascentas persoas. Os interesados en sumarse á carreira deben formalizar a súa inscripción e recoller os seus dorsais no parque do Sagrado Corazón dende as 17,30 horas. O arranque da marcha prevése para as 19 horas. Así mesmo, o percorrido discurrirá principalmente polas rúas da zona vella e nova da vila. Haberá premios en material deportivo para os gañadores absolutos e outros premios para os máis pequenos. Ademáis, entregaráse un premio especial para a familia que participe con máis compoñentes.

7 de agosto de 2014 | 11:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.