As familias vilagarciáns poden dirixirse a servizos social para tramitar as solicitudes do ticket eléctrico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O departamento de Servizos Sociais do Concello encargarase de tramitar telematicamente as solicitudes do ticket eléctrico social que concederá a Xunta ás familias con menores ingresos. Co obxecto de facilitar e axilizar a tramitación e tal como xa se recolle a convocatoria do Inega, os Concellos porán a disposición dos usuarios os medios necesarios para xestionar as peticións e para asesorar ás familias. O departamento que dirixe Elena Suárez pon en coñecemento dos usuarios interesados que non dispoñan destes equipos tecnolóxicos que poderán cursar igualmente as súas solicitudes nos Servizos Sociais.

Dada a necesidade existente entre as familias con menor recursos, o Inega optou pola tramitación telemática do ticket eléctrico co obxectivo de axilizar a tramitación e que os beneficiarios das axudas as poidan cobrar coa maior brevidade. Non obstante, este requisito non impedirá que calquera persoa poida solicitar a axuda, posto que na propia orde xa se prevé que sexan os servizos sociais municipais os que tramiten as peticións cos seus medios. Tampouco será un impedimento carecer de DNI electrónico xa que, la convocatoria recóllese que nestes casos a identificación ou autentificación dos datos do solicitante poderá ser validada por un empregado público do Concello, mediante o uso do sistema de sinatura electrónica de que estea dotado.

Elena Suárez reitera os termos da convocatoria das axudas para evitar confusións e que ningunha familia que o necesite deixe de solicitar a axuda por carecer de equipo informático, acceso a internet o DNI dixital.

O ticket eléctrico social é unha medida que pon en marcha a Xunta de Galicia para o primeiro semestre do ano 2014. Poderán acollerse á mesma as familias que convivan con fillos menores de 18 anos e nas cales a suma dos ingresos totais da unidade familiar de convivencia en 2013 non superen o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).

As axudas serán de 45 euros ao semestre para as familias que reúnan os requisitos e de 60 para as que ademais sexan familia numerosa.

O ticket eléctrico social de Galicia vén a complementar o bono social do sector eléctrico que se aplica aos consumidores vulnerables. Co ticket, a administración autonómica responde ao incremento de custes fixos que sufriu a factura eléctrica nos últimos tempos e que non son susceptibles de reducir con un menor consumo enerxético, polo que ofrécese esta axuda ás familias que non teñen posibilidades económicas para pagar a cantidade de enerxía suficiente para cubrir as necesidades básicas.

8 de agosto de 2014 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.