Aprázase o espectáculo de maxia de Verán na Rúa por mor da choiva
O Concello de Santiago comunica que o espectáculo de maxia do Mago Xacobe previsto para esta tarde (19:30 horas) na praza de San Martiño Pinario, no marco do programa Verán na Rúa, se suspende por mor da choiva.
Tanto este espectáculo como o de onte luns, de Supergalácticos, que tamén foi suspendido por mor das inclemencias meteorolóxicas, serán recuperados en dúas xornadas da próxima semana, que se anunciarán a finais desta.











