Aprázase o concerto de Ioana Pérez por mor dunha lesión da artista

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, comunica que queda aprazado o concerto de Ioana Pérez, por mor dunha lesión da artista, que estaba previsto para mañá ás 21:00 horas na Praza de Viana do Castelo.

Dende a Concellería tamén se informa que este concerto celebrarase proximamente, en data por determinar e que se anunciará no seu momento.

Esta actividade enmárcase dentro do ciclo Músicas ao teu carón, que forma parte da programación de verán organizada pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua.

28 de agosto de 2014 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.