publicidade hoxe

Apertura do prazo para solicitar o tícket eléctrico que reduce o custo da factura ás familias de Gondomar con menos recursos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Desde a Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar infórmase de que o pasado día 5 a Xunta de Galicia abriu o prazo para solicitar o tícket eléctrico social. Esta medida ten por obxectivo reducir o custo da factura para aquelas familias galegas con menos recursos. Deste xeito, este tícket está dirixido ás familias galegas con fillos menores de idade ao seu cargo e cuxos ingresos non superan o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). Os beneficiarios poderán solicitar o tícket ata o vindeiro 5 de novembro

Para máis información e presentación de solicitudes dirixirse ao Departamento de Benestar Social do Concello, sito na Casa da Cultura.

7 de agosto de 2014 | 11:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.