Apertura do prazo para inscribirse na Ruta Marítima do IEM de Baiona á Costa da Suavela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaiona
A-
A+

Están abertas as inscricións para participar da Ruta Marítima do IEM Baiona – Costa da Suavela a desenvolverse o vindeiro mércores 20 de agosto, con saída ás 21:15 horas. A ruta contará coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar, centrada nos postos de vixilancia, fachos, sentinelas e demais espazos que dende a antigüidade xogaron un papel estratéxico na defensa da costa galega.

Pasos para inscribirse na Xeira Marítima do mércores 20 de agosto.

1)Abonar previamente a viaxe na conta do IEM 2080.5035.07.3040014164, de ABANCA (ex Novagalicia Banco). Importante: ao facer a transferencia ou depósito débese colocar “BARCO 20/08” no “Concepto”.

2) Este abono deberá ser confirmado 48 horas antes da saída do barco ao correo electrónico oficina@minhor, ou no teléfono 986360575 de luns a venres de 10 a 13 e de 18 a 22 horas.

3) Ao confirmar xa sexa por correo electrónico ou por teléfono, deberá darse o nome completo de todos os viaxeiros polos que se pagou. Indicar se algún é menor de 12 anos ou socio do IEM. Deixar un teléfono de contacto

Importante: Non se admitirá a bordo a ninguén que non cumpra con estas condicións.

Prezos

Público en xeral : 12 euros.

Socios do IEM: 10 euros.

Menores de 12 anos: 10 euros

Nota: Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros.

Lembramos que a Xeira marítima terá lugar o día mércores 20 de agosto e o punto de encontro será no porto de Baiona a partir das 20:30 horas para saír ás 21:15 horas.

14 de agosto de 2014 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.