Apertura do prazo de inscrición para os dous últimos campus de verán bilingües en Nigrán
O Concello de Nigrán informa que as inscricións para os dous últimos campus de verán bilingües, de fútbol e multideporte, permanecen abertas. Os cursos impartiranse nas instalacións de URECA, entre os días 18 e 22 e 25 e 30 respectivamente, en colaboración coas Escolas Deportivas Val Miñor e The Wyatt House.
As persoas interesadas en participar deberán contactar coa oficina de turismo Dunas de Gaifar, en Panxón, no teléfono 986 36 87 34, ou a través do correo electrónico oficinaturismo@nigran.org.











