publicidade hoxe

Antonio Fernández Fernández gaña o Concurso de Carteis da Festa do Pan de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

cartel-ganador-festa-pan-de-nedaO traballo presentado por Antonio Fernández Fernández, veciño da localidade de Mugardos, foi elixido gañador esta mañá entre as 22 obras presentadas á segunda edición do Concurso de Carteis da Festa do Pan de Neda. Un traballo titulado Cabacou co que o Concello publicitará e promocionará esta emblemática celebración gastronómica, declarada de Interese Turístico de Galicia en 2013 e que este ano chega á súa XXVI edición.

O xurado reuníase esta mañá no salón de plenos da casa consistorial para valorar os traballos e seleccionar ao gañador. Un xurado que estivo presidido polo alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo; e del formaron parte o fotoperiodista Angel Manso; o pintor Manuel López; a concelleira de Turismo, Montse Rico, e o representante do grupo municipal socialista, Angel Cordero. O gañador do concurso recibirá un premio en metálico de 200 euros, namentras que todos os traballos presentados formarán parte dunha exposición que o público poderá disfrutar o mesmo día da Festa do Pan de Neda, o 7 de setembro no paseo marítimo.

1 de agosto de 2014 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.