Antonio Diz amplía o seu contrato co primeiro equipo do Azkar Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+
Antonio Diz na sinatura do contrato. Foto: pronelugoad.com

Antonio Diz na sinatura do contrato. Foto: pronelugoad.com

O xove xogador lucense Antonio Diz ampliou nestes días o seu contrato que o vinculará ao Azkar Lugo FS ata 2017. O canteirán debutou co primeiro equipo na tempada 2009/10 e co paso dos anos converteuse nunha referencia no primeiro equipo para os mozos da Escola Terra, xa que militou en todas as categorías da mesma ata a profesionalidade.

Antonio Diz, acaba de chegar de disputar o Mundial Universitario coa selección nacional cunha importante participación.

5 de agosto de 2014 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.