Álex Diz renova polo Azkar Lugo ata o 2017

Sinatura do acordo de renovación. Foto: www.pronelugoad.com
O xove ala lucense, Álex Diz (Lugo, 13 de Xuño de 1995) renovou estes días o seu contrato con Azkar Lugo F.S, que o vincula cando menos ata a tempada 2016/17. É un claro exemplo de canteirán que dende seu inicio na Escola Terra con 3 anos ascendeu con gran proxección ata o primeiro equipo, alcanzando grandes éxitos co club e selección galega en todas as categorías, así coma ser un habitual na actualidade da selección española Sub21.
Dende o seu debut na tempada 2012/13 conseguiu 9 goles sobre o parquet da mellor liga do mundo de fútbol sala, cifra que despois desta renovación poderá seguir incrementando vestindo as cores do seu equipo de toda a vida.
Álex Diz, incorporarase aos adestramentos o vindeiro luns, despois de disfrutar dunha semana máis de vacacións debido a súa participación con España no Mundial Universitario.











