Alejandra Suárez e Helena Pérez proclámanse Campioas do Mundo Femininas de Vaurien
Do 26 de Xullo ao 2 de Agosto celebrouse en Mariña de Grosetto (Italia) o Campionato do Mundo de clase Vaurien en categoría Absoluta, Feminina e Xuvenil.
Até Italia desprazáronse 18 tripulacións de Galicia para tomar parte na regata máis importante do ano para a clase Vaurien que tivo unha gran participación con 79 tripulacións, 14 delas femininas e 23 xuvenís. Tras 6 días de regata con condicións diversas de vento completáronse 12 mangas que deron o título á parella italiana de Botticini-Gennari que tamén se alzaron co título en categoría Xuvenil.
En canto á participación galega cabe destacar o título feminino conseguido por Alejandra Suárez e Helena Pérez do RCN Vigo que gañaron con autoridade quedando no posto 17º da xeral.
En categoría Xuvenil, Tirso Cerqueira do CM Canido e Mario Pérez do RCN Vigo tráense a casa o Subcampeonato en categoría Xuvenil e 10º posto da xeral.
A expedición galega estivo a pelexar todo o campionato en postos de cabeza conseguindo colocar 5 tripulacións no Top Ten. Os resultados dos galegos foron os seguintes:
6º Antonio Pérez e Pilar Amaro – CN Regatas/RCN Vigo.
7º Pablo Cabelo e Javier Lago – RCN Vigo.
8º Andrés Vieitez e Kevin Figueiras – RCN Vigo.
9º Ignacio Campos e Gonzalo Martínez – Flota Vaurien Galicia/CM Canido.
10º (Subcampión Xuvenil) Tirso Cerqueira e Mario Pérez – CM Canido/RCN Vigo.
12º Alfonso Leirós e Jacobo Pérez – RCN Sanxenxo.
17º (Campioa Feminina) Alejandra Suárez e Helena Pérez – RCN Vigo.
18º Nicolás Miñones e Vitoria Peralba – LC Vilagarcía/RCN Vigo.
25º Rubén Cristos e Ana Santirso – RCN Vigo.
40º (9º Xuvenil) Alberto Vello e Miguel Calvo– RCN Vigo.
48º (14º Xuvenil) Horacio Pequeno e Paula González – RCN Vigo.
49º (6ª Feminina, 13º Xuvenil) Paula González e Miriam González – Ro Yachts Club Combarro.
50º (7ª Feminina, 15º Xuvenil) Natalia Barros e Pomba Fole – Ro Yachts Club Combarro.
54º (17º Xuvenil) Jorge Bastón e Jorge Taboada – RCN Vigo.
60º (19º Xuvenil) Laura Trastoy e Pablo Castro – RCN Sanxenxo.
63º (21º Xuvenil) Cristina González e Cibrán López – RCN Rodeira Cangas.
66º ( 12ª Feminina, 22º Xuvenil) Silvia Chamosa e Rosalía Paredes – RCN Rodeira Cangas.
72º Alejandro González e José Zapiain – RCN Vigo/CN Hondarribia.











