Acondicionamento dos parques infantís de Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

O Concello de Cerdedo a través do plan de mantemento e conservación de bens municipais e de zonas de lecer e esparexemento realiza os traballos de acondicionamento dos parques infantís de todo o municipio. En total son 8 parques nos cales se realizan actuacións de mantemento tales como: substitución de parafusería e protección, pintado dos elementos de madeira para protexelos da intemperie, substitución de pezas deterioradas, limpeza dos valos de protección e da contorna no que se sitúan os mesmos. Estas tarefas están a ser executadas na súa maior parte pola brigada de operarios contratados a través do plan de emprego da Deputación. Estas zonas considérase imprescindible mantelas no mellor estado posible dada a chegada da época estival e que implica un aumento de usuarios destes parques e garantir así a seguridade de todos os nenos e adultos que acoden a estas áreas de xogo.

Brigada de incendios

Así mesmo os traballadores da brigada de incendios seguen realizando as tarefas de roza en terreos de titularidade municipal nas faias de protección de incendios na zona de Cuiña. Posteriormente realizarán traballos nunha zona sensible e altamente perigosa como é os arredores da gasolineira de Cerdedo. Estas actuacións están encamiñadas a protexer os núcleos con maiores problemas de incendios e para cumprir o correspondente convenio de rozas que obriga a rozar unha cantidade superior ás 5 hectáreas nos 3 meses de duración.

1 de agosto de 2014 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.