ACIGU presenta as súas pañoletas das Festas do Monte

Colección de pañoletas
Todos os anos; no mes de Agosto temos o pracer de gozar das “Festas do Monte Santa Tegra” na localidade da Guarda. Por iso; como sevén facendo desde o ano 2000 distribuiranse as pañoletas de ACIGU, sendo este ano de cor “AZUL”.
As pañoletas conmemorativas que ano tras ano turistas e guardeses reclaman como recordo; para colección, para adorno de escaparates de comercios e para ataviarse durante os días de festa, as cales foron repartidas entre os nosos Asociados e postas a disposición do público na tenda de Oportunidades ACIGU C.C.A en a R/Concepción Arenal Nº 65.
Para iso contamos coa colaboración da Federación de Empresarios e Comerciantes do Baixo Miño e Provincia de Pontevedra (FEBAM Pontevedra), da Federación Galega de Comercio e da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio e da Entidade Financeira A Caixa.











