ACIGU chega aos 400.000 visitantes nas Oficinas de Información Turístico-Comercial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A Asociación de Empresarios da Guarda ACIGU C.C.A alcanzará este fin de semana os 400.000 visitantes nas súas Oficinas de Información Turístico-Comercial que desde fai máis de dezasete anos leva instalando en zonas de competencia de Portos de Galicia; aos que hai que agradecer a súa colaboración.

Desde estas casetas de información ao longo de todos estes anos ofreceuse todo tipo de información da localidade; desde como chegar ao noso punto máis visitado e turístico, o Monte Santa Tecla; até dar calquera tipo de información de horarios de autobuses interurbanos, farmacias de garda da localidade; onde comprar Roscas de Xema; situar as rúas comerciais da localidade; reservar hoteis e a pregunta típica de onde comer e/ou cear “bo, bonito e barato”. Evidentemente desde estas oficinas tentámoslles ofrecer uns bos servizos de restauración, hostalaría e comercio dos nosos asociados; aínda que si preguntaron nalgunha ocasión por algunha tenda, e/ou empresa en concreto facilitámoslles a información correspondente de localización e contacto.

As oficinas de Información desta Entidade sempre trataron de estar abertas en horarios pouco convencionais respecto doutras Entidades e Institucións; cousa que nos diferencia e o público que nos visita agradece; xa que en moitas ocasións as Oficinas de Información só abren en horarios de mañá e/ou con servizos limitados. A nosa oferta sempre foi diferente cun horario ininterrompido iniciar na súa andaina cando os mozos que informaban eran Obxetores de Conciencia de luns a Domingo de 9:30 da mañá a 9:30 da noite a mediados do noventa. Co paso do tempo este servizo foise profesionalizando introducindo técnicos, e cos tempos de crises seguimos apostando por manter un servizo de información Turístico Comercial con horarios diferenciados de 11:30 a 15:30 e de 19:00 a 21:30 de Martes a Domingo.

14 de agosto de 2014 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.