publicidade hoxe

Ábrese o prazo de matrícula na Escola Municipal de Música Vila de Cedeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

A Escola Municipal de Música Vila de Cedeira abrirá o próximo luns, 1 de setembro, o prazo de matrícula para o curso 20142015. Dirixida a nenos e nenas dende catro anos ata adultos, as persoas interesadas en participar na súa oferta formativa deben cubrir a solicitude e presentala antes do 11 de setembro nas oficinas da Escola, ubicadas no cuarto andar do Auditorio en horario de tarde (de 17 a 19 horas). Como cada ano, a Escola ofrece un amplo abanico de especialidades entre as que se atopan música e movemento, acordeón, clarinete, frauta, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, piano, gaita, frauta de pico, guitarra clásica e eléctrica, percusión, pequecoro ou linguaxe musical.

O prezo da matrícula é de 50 euros e o custe das actividades oscila entre os 20 e os 35 euros mensuais. Así mesmo, os alumnos e alumnas poderánse beneficiar de descontos en tres supostos: familias con dous membros na Escola, que terán un desconto do 30% na segunda matrícula; familias numerosas, cun desconto do 30% en cada matrícula e familias con tres membros, que pagarán 50 euros na primeira matrícula e terán un desconto do 30% nas dúas seguintes.

29 de agosto de 2014 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.