Ábrese o prazo de inscrición do Club Baloncesto Xuventude Verín
O Club Baloncesto Xuventude Verín, co que colabora o Concello de Verín, acaba de abrir o prazo de inscrición para a vindeira tempada 2014-2015.
Establécense diferentes grupos segundo a data de nacemento: cadete masculino e feminino (1999-200), infantil masculino e feminino (2001-2002), alevín masculino e feminino (2003-2004), benxamín masculino e feminino (2005-2006) e pequebasket (2007-2008). Os prezos de matrícula son de 120 euros anuais para os equipos federados e 50 para o pequebasket (inclúen adestramentos semanais, desprazamento aos partidos, torneos, actividades lecer ou descontos en equipacións, entre outros). Para reservar praza debe remitirse un correo electrónico a cbxuventudeverin@hotmail.com, indicando o nome do participante, data de nacemento e un número de teléfono.
Desde o primeiro día da posta en funcionamento deste proxecto deportivo, a Escola de Baloncesto Xuventude apostou polos piares básicos da formación e a educación en valores a través da práctica do deporte cun equipo técnico conformado por adestradores titulados, de dilatada experiencia, e tendo como obxectivos os seguintes: iniciación e perfeccionamento do baloncesto, mellora dos fundamentos técnicos e tácticos cunha metodoloxía baseada no xogo.











