A XIII Festa do Pan do Salnés combinará pan de millo, ovos e actuacións culturais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRibadumia
A-
A+
Presentación da Festa do Pan do Salnés

Presentación da Festa do Pan do Salnés

A alcaldesa de Ribadumia Salomé Peña e a concelleira de Cultura, Susana Fandiño, presentaron esta mañá a décimo terceira edición da Festa do Pan do Salnés, acompañadas por algunhas das persoas voluntarias que colaboran coa súa organización. A Carballeira de Ribadumia e os Muíños do Batán volverán a ser os escenarios da festa o próximo sábado 9 de agosto, que combinará o pan de millo e os ovos fritos con actuacións culturais e a promoción do patrimonio etnográfico municipal. “ unha festa que tenta unir historia, tradición e gastronomía, onde tentamos recuperar vellas tradicións e costumes, que forman parte da identidade do noso concello, tan vinculado á moenda”.

Dende o Concello organizouse un completo programa de actividades dirixido a todos os públicos, pero en especial os mais pequenos que este ano poderán ser participes da moenda.

A festa naceu para potenciar e recuperar un anaco da historia de Ribadumia, ao abeiro do ambicioso proxecto de recuperación dos muíños, fontes e dos lavadoiros, patrimonio etnográfico do Concello.

A primeira parada o sábado será nesta Carballeira de Ribadumia. A partir das 18:00 horas comezará coa recollida de mostras para o XIII concurso de postres caseiros e VI concurso de empanadas de millo. O premio será de 100 e 150 euros para o primeiro clasificado de cada categoría, e un trofeo para os segundos. No concurso poderán participar todos os que se acheguen a Carballeira co seu postre feito con pan ou coa súa empanada de fariña milla.

As 19:30 dará comezo a animación infantil coa obra de teatro PAN, PAN, PAN a cargo da compañía ESTEPARIO dirixida aos mais cativos sobre as tradicións e costumes de pan e panadeiros.

As 20:00 horas os xuíces culinarios, formados por representates do sector hostaleiro e do mundo da restauración, iniciarán a cata do concurso de postres e empanadas. Mentres estes deliberan os participantes na festa sairán da Carballeira cara a cara os Muíños do Batán, polo camiño que percorrían os fariñeiros e fariñeiras para moer o millo. Unha vez alí a través do espectáculo de humor “ CON HUMOR O PAN SABE MELLOR” farase unha representación do amasado e da elaboración tradicional do pan de millo. Como novidade este ano os mais pequenos serán os protagonistas a través dun obradoiro de teatro donde coñecerán as técnicas básicas da interpretación e poderán participar no CASTING INFANTIL para ser os fará participes nalgún dos papeis presentes na muiñada.

Para finalizar coa cea de confraternidade entorno as 22:00 horas onde se repartirá de balde pan de millo e que se poderá completar con tiquets a 1€ para canxear por ovos e de 1,5€ para o viño tinto de Barrantes ou polbo e empanadas a venda nos postos instalados. A música estará a cargo do DÚO SON DE TRES.

Un ano mais tentase que a gratuidade sexa a tónica xeral. Unha constante presente en cada unha das programacións culturais propostas dende o Concello.

1 de agosto de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.