A xestión do goberno da Coruña facilita un investimento de 100 millóns de euros anuais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

O Concello da Coruña informa de que, no que vai de mandato, facilitou unha media de investimento na cidade de aproximadamente 100 millóns de euros ao ano, xa que desde o 1 de xullo de 2011 celebráronse un total de 88 Xuntas de Goberno local, nas que se concederon licenzas por importe de 303,581 millóns de euros, é dicir 3,4 millóns de euros de media por sesión.

O Goberno local destaca que, nun momento no que a situación económica está a pasar factura non só aos veciños, senón tamén a moitas cidades e localidades, o Concello coruñés está a realizar un gran esforzo co fin de axilizar os trámites administrativos que permitan tanto o inicio de novas obras como a posta en marcha de negocios, co fin de xerar emprego na cidade e reactivar a actividade económica.

Mentres que outros concellos non son capaces de outorgar máis dunha licenza ao mes, A Coruña é capaz de apoiar o movemento de máis de 3 millóns de euros cada 15 días, aproximadamente, co que facilita que a cidade siga crecendo tanto en calidade de vida, como no caso das licenzas para instalación de ascensores, por exemplo; como en imaxe e calidade urbana, grazas á concesión de diferentes obras; ou en economía, apoiando a apertura de novos negocios.

26 de agosto de 2014 | 12:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.