A Verbena dos maiores trasládase á Fexdega ante a previsión de mal tempo
A Concellería de Persoas Maiores anuncia que a Verbena dos maiores que estaba previsto celebrar mañá na rúa Arcebispo Lago, trasládase ao recinto de Fexdega debido ás altas posibilidades de precipitacións.
Este será o terceiro ano consecutivo que as Festas de San Roque inclúen no programa unha verbena pensada especialmente para as persoas de maior idade. O baile contará coa amenización musical do grupo “Los Tres Latinos” e, como nas edicións anteriores, os asistentes poderán repoñer forzas saboreando unhas cuncas de chocolate.
A Verbena dos maiores comezará ás 19:00 horas e prolongarase ata ven entrada a noite. O éxito no recinto multiusos de Fexdega está garantido, posto que este mesmo emprazamento é no que se ven celebrando nos últimos anos a Romaría dos Maiores, demostrando a súa idoneidade para este tipo de eventos.











