A Unidade Móbil da ITV para turismos achégase ao Parque Empresarial de Bértoa
O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Seguridade e Tráfico que dirixe Xose Regueira, informa de que os días 10, 11 e 12 de setembro a Unidade Móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV), incluídos os lixeiros (masa menor ou igual a 3.500 kg) pero neste caso NON os agrícolas (unidade específica que visitará o Concello en próximas datas), estará situada no polígono de Bértoa, a carón do campo de fútbol de As Eiroas. O horario de atención ao público para realizar a inspeccións é de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, agás o día 12 de setembro, en que é de 9.00 a 13.30 horas. Asignarase día e hora de atención directamente na Unidade Móbil desde o primeiro día de chegada á vila, ou tamén chamando previamente ao teléfono 902 30 90 00 ou na páxina web <www.sycitv.com> no apartado de “Cita previa”.











