publicidade hoxe

A sétima edición da Feira de Oportunidades de Cambados contará cun total de 27 expositores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+
Presentación da Feira de Oportunidades de Cambados

Presentación da Feira de Oportunidades de Cambados

No dia de hoxe tivo lugar a presentación dunha nova edición da feira de oportunidades que organiza a asociación de comerciantes Cambados Zona Centro. Será os dias 15 16 e 17, no Paseo da Calzada, e poderemos atopar moda xove, moda infantil, señora, cabaleiro, calzado, deportes, electrodomésticos e incluso unha exposición de material náutico, que estarán abertos ó público en horario ininterrompido de 11 da mañá a 11 da noite.

Serán en total mais de 500 metros cadrados de exposición, repartidos nun total de 27 expositores, dos que a maioría deles son de Cambados, polo que se da cumprimento ó disposto na lei de comercio interior de Galicia, que sinala que ó menos 2/3 sexan do propio concello.

Contaremos deste xeito con 3 días de oportunidades, con descontos de ata o 60 e o 70 %, polo que tódolos nosos visitantes poderán realizar as súas compras a moi bos prezos.

Queremos agradecer a colaboración do Concello de Cambados, así como da Dirección Xeral de Comercio e da Deputación de Pontevedra, que volven a apostar pola celebración deste evento e polo tanto amosan a súa implicación co comercio de proximidade.

12 de agosto de 2014 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.