publicidade hoxe

A Semana Infantil de Cedeira arrancará o luns coas Probas Atléticas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

A Semana Infantil organizada polo Concello de Cedeira como antesala das Festas Patronais da vila arrancará o próximo luns, 4 de agosto. Será a partires das 11 horas no Parque do Sagrado Corazón. Este convertiráse nun mini estadio para acoller as “Probas Atléticas”, onde nenos e nenas poderán participar en carreiras de velocidade, resistencia e relevos e optar aos premios para os mellores clasificados. Ao día seguinte, martes, Cedeira acollerá os “Xogos dos Avós”. Entre as 11 e as 14 horas, o Concello propón esquecerse da videoconsola e recuperar aqueles xogos de toda a vida como o pano, a carretilla, a cadeira ou os zancos, entre outras propostas. As actividades continuarán o mércores coas “Carreiras do Humor”. Propóñense varias modalidades nas que haberá que ser o máis rápido pero con moita habilidade: carreiras de sacos ou portando un ovo nunha culler. E, o xoves, será o turno do tradicional concurso de Castelos na area. Dende as 11 horas, nenos e nenas poderán realizar as súas creación na Praia da Magdalena.

1 de agosto de 2014 | 12:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.