A Semana Cultural de Oroso concluirá co espectáculo de acrobacias aéreas de Circo Chosco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

A Semana Cultural do Concello de Oroso concluirá o vindeiro luns, 1 de setembro, co espectáculo de acrobacias aéreas ‘Chosco Voando’, da compañía ‘Circo Chosco’. Será a partir das 19:30 horas, no exterior da piscina municipal. Esta actuación estaba prevista para o luns pasado e foi aprazada por razóns meteorolóxicas ao non ser posible trasladala a un recinto cuberto.

Nas últimas horas, a actividade máis destacada da Semana Cultural foi a actuación do mago Cayetano Lledó, tamén na zona exterior da piscina pública. Asistiron uns douscentos espectadores, na súa maioría nenos e nenas que se divertiron cos números e trucos da representación de ‘O peregrino máxico’.

29 de agosto de 2014 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.