A selección polaca de Adam Waczynski lévase o primeiro derbi entre xogadores do Rio Natura Monbus Obradoiro no Preeuropeo
Xa comezaron os partidos clasificatorios do Preeuropeo de Baloncesto que dan acceso ao Eurobasket 2015. Entre os xogadores das seleccións que participan no campionato atópanse tres do Río Natura Monbus Obradoiro. Dous deles, os recentemente fichados Adam Waczynski, e Maxi Kleber víronse as caras no primeiro enfrontamento coas súas respectivas seleccións, Polonia e Alemaña.
No encontro entre ambos os combinados, a vitoria foi para Polonia, o conxunto de Adam Waczynski, por unha escasa marxe 68-67. Sen dúbida, unha renda que deixa moi aberta aínda a loita pola primeira praza do grupo que dá dereito a unha praza directa para o Eurobasket. O novo beirado obradoirista foi o máximo anotador do partido con 19 puntos, demostrando un gran acerto nos seus lanzamentos cun 4 de 5 en triplos, aos que sumou 3 asistencias e 4 rebotes. Pola parte xermana, Maxi Kleber logro 6 puntos, 8 rebotes e dous tapóns, sendo un dos mellores do conxunto alemán.
No outro partido do Preeuropeo 2015, a República Checa perdeu por 73 a 62 como visitante ante a potente Xeorxia. Pavel Pumprla, que renovou hai escasas semanas o seu contrato co club santiagués, asinou uns discretos 2 puntos, 2 asistencias e 2 rebotes en 16 minutos de xogo. A República checa ten, ademais, a Portugal e Hungría como opoñentes do grupo F.











