A sede de Turismo Rías Baixas énchese de “Olor a mar” cunha mostra de acuarelas de Manuel Paz Pescador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Unha mostra de pintura Manuel Paz Pescador poderá contemplarse na sede de Turismo Rías Baixas desde mañá, 8 de agosto, ata o vindeiro 22 do mesmo mes.

Trátase dunha exposición de acuarelas que, baixo o título Olor a Mar, somerxe ao visitante en todo un abano de sentimentos e sensacións co mar e os elementos que o rodean como impulsor.

A mostra é un verdadeiro paseo pola paisaxe mariñeira de Galicia, con praias, barcos, mariñeiros, pescadores, lonxas, diversas perspectivas do mar… O propio autor destaca que “botes, dornas e gamelas tan gráciles, flotando cos seus pescadores en plena faena, foron multitude de veces modelos viventes das miñas acuarelas e emocións”.

E esas emocións son as que o visitante poderá tratar de captar na súa obra ata o 22 de agosto, nunha mostra que estará aberta de 9.00 a 21.00 horas de luns a venres, e os sábados, domingos e festivos, de 10.00 a 14,30 horas e de 16.30 a 20.00 horas.

7 de agosto de 2014 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.