A Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra ‘Talla: Arte e Oficio’
Do 02 ao 16 de setembro, a Sala de Exposicións de Verín acollerá a mostra ‘Talla: Arte e Oficio’, que presenta obras realizadas polo alumnado de Talla das Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín.
Os traballos que se exhiben foron realizados nas clases desta especialidade artística ao longo dos últimos cursos (non só do 2013-2014 senón tamén anteriores). Trátase da primeira exposición monográfica desta disciplina que recollerá tanto obras rematadas como en proceso de elaboración. Un total de vinte que xiran sobre a temática do releve, ornamento, filigrana, vexetal ou escultura a pequena escala. A Sala de Exposicións de Verín abre de luns a sábado en horarios comprendidos entre as 10 e ás 14 e das 17 ás 20.30 horas.
A Escola de Artes e Oficios de Verín ten aberto o prazo de inscrición, na modalidade de Especialización á Talla en madeira, para o ano lectivo 2014-2015. O mesmo debe realizarse no departamento de Cultura do Concello de Verín, situado primeiro andar da casa consistorial -o requisito indispensable é que os/as alumnos/as teñan un mínimo de 18 anos-.











