A praia de Pantín acollerá bautismos de surf do 26 ao 31 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós, organiza “bautismos” de surf na praia de Pantín entre os vindeiros días 26 e 31 (ámbolos dous incluídos). Esta iniciativa, realizada en colaboración co Club Praia de Pantín, ten como obxectivo difundir e fomentar esta modalidade deportiva tan popular nas praias de Ferrol e comarca, areeiros que constitúen un espazo idónea para a súa práctica.

Un total de cen vales serán repartidos entre aquelas persoas que estean interesadas en recibir este “bautismo” de surf . Estes vales poden ser recollidos nas dependencias de Deportes do Pazo Municipal de Ferrol, situadas na planta soto do Consistorial, e serán repartidos ata esgotarse os 100 dispoñibles. Así, as persoas que obteñan o seu vale deberán chamar ao número de teléfono que se especifica no mesmo para reservar día e hora en que quere facer o “bautismo” de surf.

13 de agosto de 2014 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.