A Policía Local da Coruña detecta 17 alcoholemias positivas na campaña realizada en colaboración coa DXT

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Mobilidade e Seguridade, informa os resultados obtidos tras a realización da Campaña Especial sobre control da taxa de alcoholemia e drogas da Dirección Xeral de Tráfico coa que colaborou a Policía Local.

Desde o 14 até o 20 de xullo, os axentes realizaron un total de 388 probas das que 17 arroxaron un resultado positivo. En concreto, 4 delas, superaban os 0,60 miligramos por litro de aire expirado. O pasado ano, a campaña realizou na Coruña un total de 268 probas, nas que se detectaron 8 positivos por superar os 0,25 miligramos por litro de aire expirado e 6 por superar os 60.

O obxectivo da campaña era contribuír á redución de accidentes, tendo en conta que en case un terzo dos sinistros mortais, o alcol está presente como factor concorrente ou desencadenamento e multiplica entre 2 e 15 as posibilidades de sufrir un accidente de circulación. A Policía Local lembra que o alcol non só está relacionado cunha maior accidentalidade, senón que tamén repercute nunha maior mortalidade ao ser un factor relacionado cun peor prognóstico nas lesións sufridas, por iso o Goberno municipal insiste en que a única taxa segura é 0,0%.

1 de agosto de 2014 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.