A película “Frozen” proxéctase este sábado no Cinema ao Aire Libre en Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Este sábado, 30 de agosto, ás 22.30h proxectarase na Praza de San Fernando a película de animación “Frozen”. Con este filme pecharase o ciclo de catro películas que se puideron ver no verán en Tui.

“Frozen” conta a historia de Anna que inicia unha viaxe épica para atopar a súa irmá Elsa. Estará acompañada polo audaz home de montaña Kristoff e polo seu fiel reno Sven. Xunto loitarán por salvar o reino de Arendelle atrapado nun inverno eterno.

En caso de choiva a proxección terá lugar no Teatro Municipal.

26 de agosto de 2014 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.