A partir do primeiro de setembro o Punto Limpo de Monforte conta con novo horario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de Medio Ambiente, dirixida por Antonino Luaces, informa que a partir do luns día 1 de stemmbro o Punto Limpo, situado no campo da feira, terá novo horario de apertura.

O Punto Limpo atenderá á cidadanía en horario continuado entre as 9:30 e as 17:00 horas, os luns, mércores e venres.

O Punto Limpo é o lugar axeitado para depositar aqueles residuos domésticos que non teñen cabida en ningún dos modelos de contenedores de recollida selectiva (envases de plástico, bricks ou latas no contenedor amarelo; papel e cartón no contenedor azul; vidro no contenedor verde; e aceite doméstico nos contenedores instalados con esa finalidade). Aqueles elementos voluminosos (colchóns, electrodomésticos, mobles, etc…), restos de pequenas obras, aceites de automóbiles ou maquinaria, baterías de vehículos, etc…, sempre de procedencia doméstica ou de particulares, son elementos susceptibles de ser recollidos no punto limpo.

O Concello tamén ofrece o servizo de recollida domiciliaria de voluminosos domésticos na cidade e nas parroquias (colchóns, mobles, etc…). Para que esta recollida se leve a cabo, as persoas interesadas deberán chamar ó teléfono gratuíto 900 101 390. En caso de que salte o contestador automático, deberán deixar mensaxe co seu número de teléfono para que a empresa que se encarga desta recollida se poña en contacto con elas.

29 de agosto de 2014 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.